O XI Festival de Cans chega cunha grande proposta musical na edición más variada e atractiva da súa historia: a celebración dos 20 anos da primavera do rock feito en Galicia e en galego. Unha retrospectiva de documentais e videoclips do Xabarín e un concerto de Heredeiros da Crus artellan un dos pratos fortes desta undécima edición que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Cans (O Porriño). Catro días de programación con curtas, longas, documentais, novas linguaxes narrativas, novas sección, avances de traballos en construción novos espazos e máis de vinte actuacións musicais.
Resumímosvos as principais novidades deste ano, que podedes ampliar no Dossier do festival:
A mellor selección audiovisual:
● 17 curtas a concurso: ficcion, animación, non ficción
● Celebramos os 20 anos da primavera do rock galego
● Estreas de longametraxes
● London Canning: recuperamos traballos de cineastas galegos asentados en Londres
● Inauguramos Cans Xtremo cunha selección de traballos sobre deportes extremos
● Sección de web series
Unha morea de novidades musicais:
● Heredeiros, Los Coronas, Amable dj, Os da Ría, Kepa Junkera…
● Máis e vinte actuacións para todos os gustos: rock, folk, charanga, soul...
● 'Pinchada' de cintas no Torreiro dentro do proxecto Cancasete
● Estrea mundial Agroglamour, tema composto por Rogelio Groba
E moitos outros protagonistas:
● As mulleres toman a palabra
● Estrelas no Torreiro para María Bouzas, Karra Elejalde, Gracia Querejeta
● Xurado de luxo: Karra Elejalde, Isabel Ayguavives, Xurxo Souto, Chelo Loureiro, Nieves Rodríguez, Xulio Abonjo...
● Pepe Solla e O Carrabouxo achegan novas olladas
● Creamos novos espazos: a carpa do río
● Máis participación dos veciños: Cancasete, Can Sonoro...
Un dos pratos fortes desta edición é a celebración dos 20 anos da primavera do rock galego (podedes ver toda a información ao final da sección de Concertos), que contará coa actuación dos Heredeiros da Crus no Torreiro o sábado 24 e o pase dunha escolma de documentais sobre o bravú e de clips do Xabarín Club. Xurxo Souto presentará ademais o Ano Bravú, unha iniciativa extensiva que levará actividades por todo o país, así como o novo clip de Os Diplomáticos.
Web do XI Festival de Cans
No hay comentarios:
Publicar un comentario